Praza Santa María 27001 Lugo (Lugo)
Capela Maior da Catedral de Lugo
Na capela maior da Catedral de Lugo permanece exposto permanentemente o Santísimo Sacramento. Os visitantes poden atopar nesa parte do templo as pinturas barrocas da bóveda, un conxunto mural pintado ao óleo a finais do século XVIII polo mestre astorgano José de Terán. Despois de anos tapada como consecuencia do fume e da humidade, a restauración permitiu que a obra volvese lucir en todo o seu esplendor e algúns expertos cualificárona como 'A Capela Sixtina do Barroco en Galicia'.
Tamén na capela maior atópase o retablo de Cornellis de Holanda, unha obra mestra do estilo plateresco en Galicia é considerada como unha “das xoias da escultura do século XVI en Galicia”. Peza única que foi testigo da primeira cerimonia da Ofrenda do Reino de Galicia.
No século XVIII o retablo foi dividido en dous tramos, hoxe colocados nos testeiros do cruceiro, de iconografía moi diferente: no lado sur sitúase na parte superior a imaxe da Virxe María, a quen está dedicada a esta catedral, e na parte superior. tamén se poden ver as espectaculares representacións da Anunciación, o Bautismo de Cristo, a Circuncisión do Señor, a Epifanía ou a Natividade, colocando debaixo desta imaxe o lugar onde se amosou o Santísimo Sacramento durante o século XVI, xusto entre as imaxes de San Pedro e San Paulo.
O muro sur alberga o outro tramo do retablo, na que se ve na parte superior a Xesús crucificado acompañado do bo e do mal ladrón. A iconografía situada nesta zona inclúe a Transfiguración no monte Tabor, a Última Cea, a Morte de Xesús ao pé da Cruz, a Resurrección, a súa presenza entre os apóstolos ou a súa Ascensión final, mostrando todas elas unha impresionante representación iconográfica da última etapa da vida de Xesús no período pre-tridentino.












