Premios

Submitted by admin on Xov, 05/18/2017 - 10:32

Finalmente haberá 10 premios adicionais en metálico de 100 euros aos centros da Provincia de  A Coruña. O IES  de Verín, naturalmente ten 5 libros sobre a Luz a repartir entre os participantes que lles enviaremos proximamente. Esperamos que os demais centros participedes, xa desde setembro. Estes premios en metálico están dispostos para estimular a participación dos centros na Provincia de A Coruña. Lembrade: un/unha profesora responsable. Unha colección de fotos enviadas unha a unha con xeolocalización, con wetransfer ou outro medio de envío dixital, (dirección de dropbox, por exemplo) na que teñades os documentos (fotos, videos, textos e indicación da relación entre eles e coa xeolocalización, etc) ou ben as fotos estean clasificadas por xeolocalización en carpetas das que se coñeza a xeolocalización principal, ou ben cada foto teña xeolocalización en exif interna, ou ben a poñades nun documento adicional (txt, word, odt). Así se fotografiades o concello e a praza do concello, non é preciso saber cada unha das coordenadas GPS de cada unha das fotos, senón escribides nun documento de texto que diga que todas estas fotos están incluidas nesta localización xa que son moi próximas, este texto describe as fotos tal e tal, etc, etc Así ata describilas todas.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2017.

Os 10 premios serán para os 10 mellores traballos presentados na provincia de A Coruña. Os 40 restantes para os seguintes. Para obter máis información, recibir axuda, et inscríbete aquí http://www.igaciencia.eu/node/273

Antes escribimos o que ven a continuación  , pero o resumo actual, ao que tedes que atender está nos parágrafos de arriba:

Anunciamos en varios lugares premios para os que  envien máis e mellores datos xeolocalizados, fotos, vídeos e sons. Están pendentes de confirmar, pero xa os temos solicitado, esperemos que se confirmen. De todos xeitos algún premio haberá, posto por Igaciencia, polo menos que vos parece o número dedicado á exposición " A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" con 42 páxinas a toda cor contendo as láminas da exposición. Ou se é posible facelo porque alguén o promove e subvenciona, unha cantidade relevante en  euros por cada premio.

Da serie de premios comezamos co Día da Terra ao final do mes de abril.

Podedes ver as motivacións e documentos relacionados en http://www.earthday.org/   ou http://www.un.org/es/events/motherearthday/  ou en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2017/04/21/dia-da-terra/0003_201704G21P17992.htm

Con motivo dese día (22 de abril) e de dar a coñecer Nova  Carta  (http://novacarta.eu) na próxima semana convidámosvos a que propoñades aos vosos alumnos utilizar a App NovaCarta que podedes baixar de novacarta.eu e enviar fotos das distintas paisaxes galegas e enviar unha pequena descrición de cada unha coa xeolocalización que tamén envía a App.

En resumo o que envía máis fotos xeolocalizadas das paisaxes galegas desde o día 21 de abril ao 2 de maio conseguirá o primeiro premio de Nova carta (dos 40 que convocaremos durante este ano). Ademáis poñeremos unha páxina coas fotos máis interesantes, citando o nome do autor e o seu centro. De paso aprende a usar a aplicación para as seguintes convocatorias de premios. Por exemplo todo envío de datos debe levar o teu email para poder saber quen  fixo o envío. Lede o minimanual en novacarta.eu

Día das Letras Galegas en maio

E non esquezades o premio seguinte relativo a xeolocalización de lugares literarios de Galicia, que teñan que ver coa lingua e literatura galega, que terá lugar durante o mes de maio e un concurso de contos populares xeolocalizados. Nos meses seguintes iremos anunciando os concursos en novacarta.eu aquí mesmo

Os premios están orientados á Educación, preferiblemente a un equipo dirixido por unha profesora ou un profesor con varios alumnos de modo que o premio sexa para eles, pero entregado ao centro, colexio ou instituto. O profesor individualmente pode participar? Evidentemente si porque o profesor de Bioloxía será o mellor experto en lagartixas ou paxaros da zona, por poñer un exemplo. Ou un de historia pode describir mellor os restos da Idade de Ferro da zona. Ou o de galego describir a toponimia. Pero non é suficiente con enviar unha foto con lat/lonx para acadar un premio. En cada concurso, dependendo da temática deben haberse enviado ao menos 50 fotos ou vídeos ou sons co lugar identificado.

Outros máis específicos ou raros como os contos populares, a ruta do modernismo, etc, chega cun exemplo ben formulado.

Os concellos poden participar? Si. Os sanitarios poden participar? Si. Esta non é unha actividade universitaria na que lle esixamos a licenciatura en arte, historia ou galego aos colaboradores. Calquera cidadán ou turista pode enviar  media e localizacións e se o fai de modo suficiente e ben, recibirá un premio.

Primeiro premio en Abril sobre o día da Terra e as paisaxes a "Burela e Cervo" por Paula Montecelo

En Maio o premio será para a mellor serie de fotos/artigos/ documentos sobre Carlos Casares, a lingua e literatura galega e as actividades arredor do día das letras galegas (correlinguas/ actos sobre Casares en Xinzo e Nigrán,../documentais ou videoclips sobre o galego...). De momento ten máis fotos sobre ese tema o IES de Verín que resultou gañador.

Mes de xuño e o verán 2017

Xa que temos o dia do medio ambiente o 5 de xuño a temática de xuño será sobre o medio ambiente, aínda que tamén a do verán: as augas impolutas dos nosos ríos, das nosas rías, das nosas praias, das nosas fervenzas, dos nosos mares, das viaxes en barca, en lancha ou barco, da nosa pesca, dos nosos peixes. da nosa natureza fluvial, mariña, da costa....

Animádevos a participar!

Outros premios

Ao final en novembro pretendemos ter os seguintes premios:

20 premios de centros e/ou rapaces e rapazas que fagan todo tipo de documentación media (vídeos, fotos, cancións, sons, videoclips, literatura, contos,...) tendo en conta a dificultade 1 videoclip=9 fotos, por exemplo... Así ata chegar a 200 aportacións para conseguir un premio, Todos teñen que estar xeolocalizadas: sabemos o nome, a latitude e a lonxitude.

Ademais premios específicos de:

  • -Videoclips
  • -Música galega
  • -Videos con drons (unhas carreiras de cabalos na Capelada serían chulas...)
  • -O documento celta de Galicia (Castros, Arde Lucus, Friol, Ortigueira, Cedeira, Narón,...)
  • - A colección de fotos galegas máis importante doada a NovaCarta
  • -O románico en Galicia e Norte de Portugal
  • -As rías e praias de Galicia
  • - O río Miño
  • - A pesca en Galicia
  • -A industria galega
  • -O documento (foto/vídeo/podcast, texto) máis turístico.
  • -A foto/documento da Bioloxía
  • -A foto/documento de Física e Química
  • -A foto/documento de Matemáticas  (estas tres últimas que teñan que ver con Galicia e enviando un mínimo de 10)
  • -As paisaxes máis abraiantes
  • -As árbores e as aves máis fermosas e mellor identificadas
  • Ao mellor time-lapse

etc... poñeremos máis temas... a continuación.

 

Que premios? Polo menos un libro sobre a exposición A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz a toda cor. Se hai  financiación, outros premios que xa contaremos.

Finalmente haberá 10 premios adicionais en metálico de 100 euros. O IES  de Verín ten un, naturalmente (ademais de 5 libros sobre a Luz a repartir entre os participantes que lles enviaremos proximamente). Esperamos que os demais centros participedes, xa desde setembro. Estes premios en metálico están dispostos para estimular a participación dos centros. Lembrade: un/unha profesora responsable. Unha colección de fotos enviadas unha a unha con xeolocalización, con wetransfer ou outro medio de envío dixital, (dirección de dropbox, por exemplo) na que teñades os documentos (fotos, videos, textos e indicación da relación entre eles e coa xeolocalización, etc) ou ben as fotos estean clasificadas por xeolocalización en carpetas das que se coñeza a xeolocalización principal, ou ben cada foto teña xeolocalización en exif interna, ou ben a poñades nun documento adicional (txt, word, odt). Así se fotografiades o concello e a praza do concello, non é preciso saber cada unha das coordenadas GPS de cada unha das fotos, senón escribides nun documento de texto que diga que todas estas fotos están incluidas nesta localización xa que son moi próximas, este texto describe as fotos tal e tal, etc, etc Así ata describilas todas.

Os 10 premios serán para os 10 mellores traballos presentados.