Proxectos

Submitted by admin on Xov, 05/18/2017 - 16:24

Trataremos aquí de dar ideas do que e posible facer  (moitas delas como proxecto propio) para colaborar no proxecto nova carta:

  • Concursar nunha ou varias das 40 modalidades deste ano.
  • Facer unha obra de arte que poneremos permanentemente no menú por exemplo seguindo os pasos do folleto de turismo do Concello de Ferrol sobre o modernismo en Ferrol, escanéalo e tiras as 20 fotografias ou mais das 20 casas modernistas de Ferrol coa súa correspondente latitude /lonxitude despois colocas os textos e as fotografías dun xeito artístico e xa tes a túa páxina en novacarta sobre o modernismo; que dicir se ademais coñeces a fondo o tema e fas unha monografia sobre ese tema.
  • Ides aos Ancares e fotografíades e localizades os bosques de faias que hai ali.
  • Describes as árbores dun parque de Galicia por exemplo do parque Rosalía de Castro de Lugo de modo que se poida seguir polo móbil posteriormente un percorrido polas árbores do parque. Poñerémolo como unha entrada do menú permanente.
  • Optas a foto da semana ou mes, ao vídeo do mes que poñeremos nun recuncho especial.
  • Descobres unha especie ameazada nun lugar para protexela e nolo contades.
  •  Denuncias o lixo e o feismo para que se corrixa pola autoridade competente.
  • Colaboras na revisión da coherencia dos datos recibidos.
  • Facedes 200 entradas e invitámosvos a revisalas e melloralas ou ben o solicitas porque queres facer algunha especial.
  • Astronomia e os lugares onde a astronomia e relevante saídas do sol no solsticio de inverno de verán, no equinoccio de primavera ou no 1º de febreiro en certas igrexas ou monumentos megalíticos.
  • Tes unha colección de fotos do románico na Ribeira Sacra e montamos con elas unha rota do románico para complementar a xeolocalización que xa fixemos.
  • Segues o folleto turístico do mapa literario de Compostela e xeolocalizas as 23 posicións del por exemplo a M de Alejandro Pérez Lugín e a súa casa de la Troya e pos un extracto da obra en texto, A F de Uxío Novoneyra na praza da Quintana; a P de Federico Garcia Lorca na mesma praza e un dos seus poemas galegos; a Méndez Ferrín na posición Q no mosteiro de San Francisco e un texto de  Retorno a Tagen Ata  etc ou ben
  • Creas o teu propio mapa literario na tua vila ou cidade.