Zona Xeolóxica do Perdouro

Galipedia

Burela é un enclave xeolóxico privilexiado. Ten declarado, na zona da Marosa, un punto de interese nacional, e outro de interese internacional, na zona de Castrelo-Perdouro.

Na zona de Castrelo, antiga praia e hoxe parte do peirao sur do porto de Burela, conflúen a Rasa Cantábrica eo chamado Batolito de San Cibrao-Burela e conforman un punto de interese xeolóxico a nivel internacional.

A Rasa Cantábrica é unha zona achaiada existente entre o mar e os montes da Cordilleira Cantábrica. Comeza en Cantabria e remata en Burela. A Rasa está formada por cuarcitas de entre 570 e 540 millóns de anos.

O Batolito de San Cibrao-Burela é unha enorme masa de granito que ocupa a zona norte de Lugo, desde Burela á ría de Viveiro. O granito que se atopa en Castrelo é o denominado granito de dúas micas de gran grosor. A súa orixe está en relación coa oroxenia hercínica.

Nesta zona podemos atopar espectaculares estruturas de Formación Candana, as dobras que presentan os materiais cuarcíticos. Estes materiais están intensamente dobrados como consecuencia dun proceso de deformación de tipo comprensivo que tivo lugar ao longo de varias fases e que se coñece como oroxenia hercínica ou varisca. A etapa máis intensa desta formación coincide co Período Carbonífero, que comprende entre os 360 e os 290 millóns de anos.

No mapa

Zona Xeolóxica do Perdouro

Zona Xeolóxica do Perdouro

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía