Poesía

Monte Louro

Monte Louro

El Monte Louro es una montaña situada en el municipio coruñés de Muros (GaliciaEspaña).

MARILAR ALEIXANDRE
Lugar: Monte Louro

as pedras baleirándose por dentro
minerais rotos  desfacendo seixo
oferta de acougo
á que ninguén atende

é esta luz a que non deixa oír
outras chamadas
é o louleo na xunqueira
enganando os sentidos
vento vento  marcando o rumbo ao caos

nunha existencia paralela
fariamos unha casa un faro
no seu cume de batracio
as ras cantarían á noite
para espantar as avésporas
do insomnio
   
      o toxo cismaría
en florecer todo o ano
as súas espiñas tradeando na man
un furado cada mes
o prezo da viaxe

mais non esperes
que o prezo desta viaxe
sexan uns poucos furados

(De Catálogo de velenos, 1999)

Muros

Concello, Comarca ou Provincia