Mapa por ayuntamiento y tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Casa Vázquez: rúa Pardo Baixo 25

Elevación dun segundo e terceiro andar, fachada con novas galerías e reforma dos miradoiros existentes, de estilo modernista, cunha variación total do carácter que tivo o edifi cio. O autor é Rodolfo Ucha Piñeiro e a materialización da obra tivo lugar entre 1913 e 1914.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Casa Bruquetas: rúa Igrexa 4

A intervención consiste na introdución dunha galería no segundo andar e a elevación dun terceiro, tamén con galería de corredor. O deseño modernista en madeira e cristal consegue unha profunda transformación do carácter na construción. Séguense os esquemas habituais de distribución na planta para parcelas de poucos metros. Obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro entre 1912 e 1914.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Casa Pereira 2: rúa Dolores 64

Sobre unha clásica parcela, a edifi cación aplica unha execución de traballado deseño modernista na súa fachada, acentúase a verticalidade coa articulación de miradoiros e ventás, cada elemento individualizado e particular destilando unha personalidade e trazo propio. Rodolfo Ucha é o arquitecto que proxecta esta edificación de 1912 a 1915.

Casa Pereira

Concello, Comarca ou Provincia

Rúa Dolores 77

Clásica construción modernista, de dúas alturas, distribución simétrica de espazos e de vans. Gran concentración ornamental na fronte, substitución de galerías por balcóns encalados, a estrutura dos antepeitos da súa varanda é de ferro forxado, revestida en negro contrastando co branco do balcón. Utilización de cores fortes e complementándose na disposición da fachada. Sorprenden os piñóns que acubillan os tres vans da planta superior. A obra foi realizada por Rodolfo Ucha en 1916.

Concello, Comarca ou Provincia

Rúa Dolores 77

Clásica construción modernista, de dúas alturas, distribución simétrica de espazos e de vans. Gran concentración ornamental na fronte, substitución de galerías por balcóns encalados, a estrutura dos antepeitos da súa varanda é de ferro forxado, revestida en negro contrastando co branco do balcón. Utilización de cores fortes e complementándose na disposición da fachada. Sorprenden os piñóns que acubillan os tres vans da planta superior. A obra foi realizada por Rodolfo Ucha en 1916.

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa da Mercé

Construida por iniciativa dos mercedarios no 1926 en estilo ecléctico, modernista e neogótico, por Rodolfo Ucha Piñeiro, o gran arquitecto modernista de Ferrol. Na súa fachada, ademáis da profusa ornamentación, destacan os escudos da Orde da Merced. É a sede da Cofradía da Merced, que xunto coa da Orde Terceira, Dolores, Angustias  e Santo Enterro, organizan a emocionante Semana Santa Ferrolá.

2017-08-22DSC_0040.JPG

modernismo en Ferrol

modernismo en Ferrol

modernism in ferrol - Concello de Ferrol

Listado modernismo en Ferrol

Concello, Comarca ou Provincia

Casa Pereira: rúa María 172

Salienta a liberdade compositiva da fachada que contrasta cos sistemas compositivos habituais e coa rixidez propia dos esquemas tradicionais da distribución en planta. Un estilo traballado modernista nos miradoiros, galerías e varandas, infl uenciado polas obras de Gaudí en Barcelona. Na construción chama poderosamente a atención a articulación dos tres vans da súa fachada tradicional. A obra pertence a Rodolfo Ucha Piñeiro e foi elaborada nos anos 1912 e 1913

Concello, Comarca ou Provincia

Rúa Concepción Arenal 53

Edificación de dúas plantas que aproveita ao máximo o espazo dispoñéndose sobre unha planta cuadrangular. A característica fundamental da fachada é a aparición das galerías e a utilización do ferro forxado para os balcóns da fronte, lucidos cunha capa de pintura negra. Na parte superior da cuberta levántase unha bufarda con tellado a dúas augas. Esta obra foi realizada a comezos de século por Rodolfo Ucha Piñeiro.

Concello, Comarca ou Provincia