Clásica construción modernista, de dúas alturas, distribución simétrica de espazos e de vans. Gran concentración ornamental na fronte, substitución de galerías por balcóns encalados, a estrutura dos antepeitos da súa varanda é de ferro forxado, revestida en negro contrastando co branco do balcón. Utilización de cores fortes e complementándose na disposición da fachada. Sorprenden os piñóns que acubillan os tres vans da planta superior. A obra foi realizada por Rodolfo Ucha en 1916.
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía