Mar, paisaxe mariño
Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre
O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo. A renovación da obra arquitectónica é encargada nun primeiro momento a equipa de Aldo Rossi e César Portela; unha vez finado Rossi, as obras rematan no ano 2002, baixo a dirección e a revisión do proxecto orixinal a cargo de César Portela. O edificio resultante mestura vangarda e tradición, formado por un conxunto de cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén de cinco naves, e a prolongación dun peirao preexistente onde se empraza un acuario e un faro.
Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.
Avda. Atlántida, 160 36208 Vigo (Pontevedra)