Áreas de recreo e miradoiros
Área recreativa da Fracha
A Cova da Serpe
O monte da Cova da Serpe, cumio máis alto da citada serra.
Lendas
Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.
Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.[1]
Área recreativa do Muíño de Congostro de Aranga
O Alto do Fiouco
A 698 m de altitude.
Autovía do Cantábrico, 27738 Abadín, Lugo
O Fiouco visto desde área servizo A8, coordenadas:43.379357, -7.426110
Paisaxe que se divisa desde as proximidades do Fiouco. Coordenadas:43.378333, -7.383611