Pazo de Vilane

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Antas de Ulla (Lugo)

Pazo de Vilane

O pazo dende o ano 1990

Na década de 1990, Juan Varela-Portas y Pardo comeza a dar os primeiros pasos cara a rehabilitación das construcións, cunha clara vocación de recuperación respectuosa do patrimonio arquitectónico de Galicia. As súas tres liñas de actuación son: a recuperación do patrimonio, o desenvolvemento sostíbel da comarca e a contorna natural.

En 1996, a filla máis nova de Juan Varela-Portas y Pardo, Nuria Varela-Portas, encabeza a iniciativa familiar que nace co propósito de desenvolver un proxecto sustentábel e innovador que elabore produtos de forma coidada e con carácter artesanal. Deste xeito, Pazo de Vilane convértese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas campeiras ou ovo de galiñas en liberdade en Galicia, reactivando a economía rural, dando especial atención ao papel e desenvolvemento da muller. Tamén cultivan framboesas a arandos ecolóxicos cos que fan zumes e marmeladas[1]. Tamén fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de concertos de música clásica e outras actividades sociais que se veñene desenvolvendo de forma aberta a de balde dende o ano 2000.

No mapa

Pazo de Vilane

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía