Galego
English
Castellano
Français
Deutsch
Portugués
Italiano
27555 Taboada (Lugo)
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires
Igrexa construída en 1190. A orde dos templarios encargaría a construción da igrexa ao mestre Paio e nunha concordia de 1244 aínda aparece mencionada como propiedade da orde. Na base do tímpano áchase a datación do templo, "ERA M CC XX VIII", correspondente ao ano 1190.
Na parte superior, en texto arqueado ao redor da escena, figura PELAGIUS : MAGISTER FEQ(u)I : JOHAN(n)NE NOTUIT, que sinala a Paio como Mestre e a Juan que realizou a inscrición. Na parte inferior hai dúas liñas, comezado a ler pola última e partindo da dereita, tradúcese por No nome de Noso Señor Xesucristo. En honor de Santa María... O ... consagraron os monxes este templo


As figuras do tímpano representan a Sansón dominando ao león e tamén a cruz templaria, cruz con escudo, que representa os dous oficios da orde, o relixioso e o militar; ao igual que a cruz de Santiago representa nun só símbolo a cruz e a espada.

Sobre o piñón da nova cabeceira foi recolocada a cruz antefixa que foi trasladada e non está na posición correcta



























Concello, Comarca ou Provincia