A Cova da Doncela
A cova da doncela (forno dos mouros ou cova do encanto) está situada nun cantil na entrada da ría de Viveiro, entre a Punta do Cabalo e a Punta da Insua que, á súa vez, dá paso á praia da Abrela. Pódese acceder a ela desde terra por un estreito pasadizo inicial que se abre a unha cámara que abre directamente ao cantil. Segundo a lenda, unha fermosa doncela de cabelos louros baixa ao cantil na noite de San Xoán a bañarse e peitearse cun peite de ouro e brillantes. Xa que non é unha cova natural, fálase dos posibles usos para os que foi construída: explotación mineira -non parece probable por non ter atopado trazas de minerais-, uso defensivo da ría?, de agochamento de alixos dos piratas ou contrabandistas?...
27861 Viveiro, Lugo
Concello, Comarca ou Provincia