Fervenza

Fervenza, batán e muíños de Vilasantar

Lugar Batan, 3, 15807 Vilasantar, A Coruña

Galipedia

Concello

UDC

No concello de Vilasantar, moi preto da igrexa románica de Santa María de Mezonzo, atópase unha paraxe de gran interese paisaxística e etnográfica formada polo río das Gándaras, afluente do Tambre.

Neste lugar de Mezonzo, o río das Gándaras encáixase nun estreito val e pasa aos pés do Castro do Batán, poboado castrexo que aproveitaba a depresión formada polo río para o seu defensa. Un pouco despois forma un gran meandro antes de pasar polo lugar de Batán. Meandros, fervenzas, muíños… un lugar para desfrutar.

 

 

Concello, Comarca ou Provincia

Caldeiras do río Castro

Lugar do Castro, parroquia de Coucieiro. Concello de Muxía

https://concellomuxia.com/item/as-caldeiras-coucieiro/

O río Castro, no seu percorrido cara a ría de Lires, ten unha fervenza e rápidos amais duns ocos circulares que a maneira de caldeiras constitúen piscinas naturais. No monte que está na marxe dereita hai un castro.

Cerca das caldeiras atópase unha área recreativa e unha capela do ano 1660 e un cruceiro datado no 1687. No lugar do Castro hai unha área recreativa e unha capela do ano 1660, baixo a advocación de Santo Autel, á que se acudía por mor das mordeduras dos cans con rabia.

Concello, Comarca ou Provincia

Fervenza de Rus

Fervenza de Rus

Ademais, produto da falla meridiana que separa as parroquias de Rus e Entrecruces xorde un salto de auga duns trinta metros formado no río da Férvida. Esta forte corrente de auga deslízase por un chan de gabros, rochas de gran dureza e difícil erosión. Trátase da chamada Férveda de Rus, que a pesar de non contar cun gran desnivel, vai baixando de forma sinuosa pola canle do río.

Concello, Comarca ou Provincia

Fervenza de San Paio

Fervenza de San Paio

A fervenza de Entrecruces, tamén coñecida como salto da Férveda, férveda de Sampaio ou fervenza de San Paio, está situada parroquia de Entrecruces (Carballo) no río Outón, preto da súa desembocadura no río Grande.

De entre tódolos ecosistemas de interior salienta na parroquia de Entrecruces a chamada férveda de Entrecruces, próxima á capela de San Paio, na que o abondoso caudal do río Outón (especialmente no inverno e na primavera) se precipita dende unha altura de máis de corenta metros, formando un cachón de escuma e auga que, antes de chegar ao fondo, rompe en dous para abrazar a rocha negra do leito do río. Nas proximidades da fervenza aínda poden verse os restos de antigos muíños de auga, e mesmo dunha pequena central hidroeléctrica que abasteceu o concello tempo atrás, a partir de 1915. No treito de camiño que vai dende San Paio ata a fervenza pola beira do río Outón, é posible observar o típico bosque de ribeira con abundantes ameneiros, salgueiros, freixos, estripos, abeleiras e loureiros, entre outras especies.

Galipedia

Concello, Comarca ou Provincia