Sheela na Gig

Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27232 Lugo (Lugo)

Bacurín (San Miguel)

Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín

https://www.connexio.es/espazos/san-miguel-de-bacurin/

 Esta igrexa, dedicada a San Miguel Arcanxo, é un fermoso exemplo da arte rural galega. Está construída de sillería granítica (en fiadas a soga e tizón).

Conserva algúns interesantes elementos da súa fábrica orixinal (s. XII): a ábsida, a planta rectangular da súa nave, e as súas dúas portadas, unha situada no lado Sur e a outra orientada cara ao Poñente. A Ábsida abovedada ten dous tramos (recto e semicircular)  cunha pequena xanela con  dúas  semicolumnas con capiteis  historiados e numerosos canzorros esculpidos na cornixa.

A Sancristía do lateral e a espadana do campanario foron construídas xa no século  XVII.

A fachada conserva a porta románica abucinada, con tres arquivoltas e decoración axadrezada no exterior. Ten tres columnas pegadas a cada lado con base xeométrica, fuste liso e capiteis de inspiración vexetal; completan o conxunto un tímpano liso e xambas tamén lisas

A Portada Sur é de dobre  arquivolta, con  tímpano  bilobulado e unha columna a cada banda,  cinceladas con raias (rectas verticais no fuste dereito e en diagonal ou  helicoidal no esquerdo). Ten o arco exterior percorrido por un xadrezado

No interior ten un retablo barroco dos séculos  XVII- XVIII, cunha imaxe de San Miguel Arcanxo.

Concello, Comarca ou Provincia