Casas Museo
Fundación Uxío Novoneyra
O motivo da visita foi a presentación do libro Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota (crónicas Xerais, lingua). Un resumo dunha tese súa sobre este mesmo motivo, pero revisada para o público xeral. Cunha ofrenda floral de Alicia a Uxío Novoneyra e a firma de exemplares por parte de Miguel.
Casa do Escultor Fernando Villapol
Casa museo natal de Eduardo Pondal
Casa natal de Pascual Veiga
Museo Etnográfico da Fonsagrada
Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o Concello e os centros de educación primaria e secundaria, o museo ten pezas de etnografía, de arqueoloxía e de arte contemporánea.
Museo Comarcal da Fonsagrada (Museos de Galicia)
Museo etnográfico que mostra ferramentas agrícolas, domésticas e de distintos oficios tradicionais. Conta tamén cunha reprodución dunha forxa, unha adega e unha lareira e, nunha sección de arquitectura popular, distintas maquetas, planos e fotografías de vivendas e outras construcións tradicionais. O museo tamén mostra restos arqueolóxicos (das épocas castrexa e romana) e pezas de escultura contemporánea (Ignacio Basallo, Manolo Paz, Fernando Villapol etc.).
Praza do museo, nº s/n 27100 A Fonsagrada (Lugo)
Fundación Laxeiro
A Fundación Laxeiro foi constituida en Vigo en 1999 para custodiar, conservar e difundir a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996) doou á cidade de Vigo. Formada por sesenta e catro obras, moitas delas auténticas xoias da arte galega do século XX, a colección permanente posibilita un completo percorrido pola traxectoria profesional de Laxeiro, quen é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega.
Fundación Laxeiro (Museos de Galicia)
Casa das Artes - Fundación Laxeiro (Galipedia)
Rúa Policarpo Sánz, nº 15 36202 Vigo (Pontevedra)
Casa Museo Valle Inclán
O proxecto da Casa Museo Ramón del Valle-Inclán xorde en 1995 coma unha creación do Concello de Vilanova de Arousa a partir dunha serie de iniciativas de diferentes entidades e asociacións culturais que levaban varios anos reclamando a recuperación da figura de Valle-Inclán no seu concello natal.
Casa Museo Valle Inclán (Museos de Galicia)
Na Torre de Bermúdez, dedicada a conservar e promociona-la obra de Ramón del Valle-Inclán durante a súa vida na Pobra: primeiras edicións, manuscritos orixinais e unha colección fotográfica de Valle na Pobra, así como cadros, esculturas e diverso material relacionado co teatro.
Luces de Bohemia, nº s/n 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Casa Museo Emilia Pardo Bazán
O museo está situado na antiga residencia na Coruña da familia Pardo Bazán, que tamén é a sede actual da Real Academia Galega. Así o decidiu a derradeira das descendentes da escritora, a súa filla Blanca Quiroga, asinando un texto de doazón que fala de enaltecer e perpetuar a memoria da eximia polígrafa e escritora galega.
Casa museo de Emilia Pardo Bazán (Galipedia)
Casa museo de Emilia Pardo Bazán (Museos de Galicia)
Tabernas, nº 11 15001 A Coruña (A Coruña)