Pozo da Ferida
Concello de Xove. Parroquia de Monte.
Fervenza de máis de 30 m situada na ladeira da serra do Buio e formada polo río Loureiro ou Xudreiro, afluente do Landro.
O nome ten que ver cunha lenda que refire que as augas do pozo, que está aos pés da fervenza, teñen a cor da estrume porque caeu alí unha vella xiganta cun feixe de mulime e nunca máis se puido erguer.












































