27548 O Saviñao (Lugo)
A igrexa atópase na ladeira do val do Miño a poucos metros do Miradoiro Fión-Cabo do Mundo. A obra orixinal data do primeiro terzo do século XII e desta época consérvase a ábsida semicircular. Destacan os canzorros e as columnas da cabeceira como elemento ornamental. A fachada foi reformada no século XVIII e presenta as características propias do barroco rural galego, con espadana de dous vans e pináculos, porta lintelada e óculo. No interior conserva pinturas murais do século XVI.
No mapa
Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Fión
Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Fión
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía









