Plaza del Museo Nacional, nº 1 15011 A Coruña (A Coruña)
www.muncyt.es
Praza do Museo Nacional, 1
15011 A Coruña
Tlf. 900100134
infomuseo@muncyt.es
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt)
Dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido, hai tempo, por Ramón Núñez Centella.
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt)
O Muncyt ten varias sedes. O 4 de maio de 2012 os Príncipes de Asturias inauguraron a sede coruñesa no edificio Prisma de Cristal. O edificio foi proxectado por Victoria Acivro e Anxo Alonso. O que externamente é un cubo de vidro sorprende ao penetrar no seu interior, revelando a existencia de dous edificios nun. Unha enorme árbore de formigón alberga os servizos do museo (oficinas, biblioteca, salón de actos, aula de restauración, talleres), mentres que o espazo entre o exterior desta árbore e o cubo de vidro define unhas salas de exposicións que contan con diversas alturas e configuracións, coa particularidade de que cada sala pode contemplarse dende distintas perspectivas.
O museo conta con diferentes espazos expositivos, que fan posible exhibir pezas de gran volume, como a parte dianteira e o tren de aterraxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doado por Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construído na Xunta de Enerxía Nuclear cara a 1957.