A ría de Vigo une os seus dous ovais orientados diversamente, aos que se une o estreito de Rande. A propia baía de Vigo ábrese ao océano entre os puntos do Subrido e Estaya, defendidos do ímpeto atlántico polas dúas illas Cíes, de antigo nome xeográfico, rochas altas e brillantes, que á distancia do interior finxen perliles alpinos. e desde Baiona ou o mar parecen rexistrar no seu plástico a forma das ondas, e contrastan coas siluetas clásicamente galegas dos cumes que rodean as Rías. As dúas Cíes (Faro, a do norte; San Martín, a do Sar) teñen agarras e boas fondeas (praia do Lago, punto de Bicos), cara ao interior, determinan dúas boas entradas, mellor a do Sar, á ría. Parecen continuar a dirección do monte Ferro. Outras opinións considérano ruínas de terras distintas do galego, como as berlingas da costa portuguesa.
Otero, Pedrayo, R,. ( 198o) Guía de Galicia. Vigo. Ed:Galaxia.
Vigo
Galería de imaxes da ría de Vigo
Desde o monte do Castro, primeiro vemos os monumentos aos galeóns de Rande
Un dos monumentos máis fermosos de Vigo son As Áncoras, o chamado Monumento aos Galeóns de Rande: levantadas sobre o Monte do Castro e mirando cara á Ría de Vigo. Unha imaxe única. O monumento compóñeno as áncoras de tres das decenas de navíos que se afundiron na ría de Vigo durante a Batalla de Rande (1702), que se recortan contra o horizonte. É unha obra do arquitecto Desiderio Pernas que rememora a mítica batalla, na que se enfrontaron a armada anglo-holandesa e unha flota hispana escoltada por unha francesa. Os tesouros que ían nos barcos españois, segundo a lenda, se afundiron cos navíos nas profundas augas da ría. Cada poucos anos, unha expedición somérxese a mergullar na ría de Vigo para buscalos.
Máis fotos nas entradas do Castro








