O río Ouro nace na vertente oriental da Serra do Xistral no concello de Alfoz ten un percorrido de 20 km e transcorre polo Val do Ouro entre os concellos de Valadouro e Alfoz para desembocar en A Pampillosa en Fazouro (Foz). Ten a consideración de lugar de importancia comunitaria (LIC). Ver mais.
A orixe do topónimo de Fazouro, onde se atopa a desembocadura, procedería de "Foz Ouro", indicando a súa situación na desembocadura do río Ouro, río documentado na Idade Media como Aurio, cuxo orixe toponímico, estudado por Bascuas e outros autores, sería prerromana e estaría na raíz hidronímica paleoeuropea “awer- fluír”. Non créndose probable a interpretación doutros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum, "de ouro", "dourado".
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía











