Igrexa Parroquial de San Salvador de Vileiriz
27363 O Páramo (Lugo)
27363 O Páramo (Lugo)
27519 Chantada (Lugo)
Igrexa e Priorato de San Salvador de Asma (Patrimonio)
15187 Cerceda (A Coruña)
San Román das Encrobas (Patrimonio)
27346 O Incio (Lugo)
15124 Muxía (A Coruña)
27548 O Saviñao (Lugo)
Galería de imaxes de Diomondi, O Saviñao
27232 Lugo (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín
https://www.connexio.es/espazos/san-miguel-de-bacurin/
Esta igrexa, dedicada a San Miguel Arcanxo, é un fermoso exemplo da arte rural galega. Está construída de sillería granítica (en fiadas a soga e tizón).
Conserva algúns interesantes elementos da súa fábrica orixinal (s. XII): a ábsida, a planta rectangular da súa nave, e as súas dúas portadas, unha situada no lado Sur e a outra orientada cara ao Poñente. A Ábsida abovedada ten dous tramos (recto e semicircular) cunha pequena xanela con dúas semicolumnas con capiteis historiados e numerosos canzorros esculpidos na cornixa.
A Sancristía do lateral e a espadana do campanario foron construídas xa no século XVII.
A fachada conserva a porta románica abucinada, con tres arquivoltas e decoración axadrezada no exterior. Ten tres columnas pegadas a cada lado con base xeométrica, fuste liso e capiteis de inspiración vexetal; completan o conxunto un tímpano liso e xambas tamén lisas
A Portada Sur é de dobre arquivolta, con tímpano bilobulado e unha columna a cada banda, cinceladas con raias (rectas verticais no fuste dereito e en diagonal ou helicoidal no esquerdo). Ten o arco exterior percorrido por un xadrezado
No interior ten un retablo barroco dos séculos XVII- XVIII, cunha imaxe de San Miguel Arcanxo.
27568 Monterroso (Lugo)