Abegondo

Pazo de Quiroga O Tor. San Tirso

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15318 Abegondo (A Coruña)

Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso. Este pazo atópase na Torre en Mabegondo. É un pazo de planta cadrada e de dous andares, cun patio interior, con dúas torres laterais contra a fachada de tres andares. As torres están telladas a catro augas e o resto do pazo a dúas. Posúe unha unha fachada barroca con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio. Loce escudos de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza nas dúas torres. Foi construído por Diego de Quiroga e Reimóndez, Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantería, no século XVII.[9]

Concello, Comarca ou Provincia

Pazo de Pastoriza

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15318 Abegondo (A Coruña)

Pazo de Pastoriza ou Pazo dos Pardo de Andrade. Atópase na Pastoriza, Mabegondo, preto do pazo dos Quiroga. É un pazo rectangular que se construíu no século XVIII, e que é de tella a catro augas e que ten unha capela anexa comunicada por un pasadizo pétreo. Destaca pola súa grande chaminea e a porta de fundición que pecha o seu terreo.[9]

Concello, Comarca ou Provincia

Pazo de Orto

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15318 Abegondo (A Coruña)

Pazo de Orto. Este pazo do século XVIII atópase en Orto de Arriba, Orto, á beira do encoro de Cecebre. Conserva unha torre cun tellado de catro augas, de forma cúbica e xunguida ao alongado pazo con tellado de dúas augas. Na súa parte traseira conta con escaleiras de balaústre de madeira. O portón de entrada está rematado co escudo dos Andrade. Conserva un coidado xardín centenario na súa parte traseira; con magnolios, tileiros ou cedros. Un dos seus donos foi Xoaquín Freire de Andrade e Saavedra, que actuou en Londres como representante da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Guerra da Independencia cos franceses.[9]

Concello, Comarca ou Provincia