Ferrol

Castro da Ínsua de Santa Comba

Castro da Ínsua de Santa Comba

O noso patrimonio

Castro da Insua de Santa Comba (Illa de Santa Comba-Covas): O xacemento atópase nunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. A acción do mar dividiu o espazo inicial en tres illas, na Insua do Medio ou Insua de Santa Comba erguese a ermida. Prospeccións nos anos 2001, 2006 e 2012. Os resultados permitiron establecer diferentes fases de ocupación, que van dende a Idade do Ferro, pasando pola romanización, ata a época medieval (ermida e necrópole que supuxo a cristianización dun lugar pagano. A primeira mención da capela data do ano 868). Estivo ocupado dende o século III a.C. ata mediados do I d.C. en que foi abandonado. Entre outros achados, apareceu un forno de obradoiro para traballos con ferro. Xosé Lois Armada e Víctor Alonso, autores do libro O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas, manexan dúas hipóteses para o seu abandono. Unha está relacionada coa fin das actividades mineiras na mina de Covarredeiras, en Ponzos; a outra supón que no primeiro século da nosa era o castro comezou a súa conversión cara as illas actuais. A Universidade da Coruña e o CSIC, co impulso da Sociedade Cultural Columba, propuxeron conservar a zona, tanto no eido arqueolóxico como natural. 

Concello, Comarca ou Provincia

Concello de Ferrol

Ferrol 

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital.

Web do Concello

Wikipedia


Casa do Concello

Praza de Armas. 15402 Ferrol (A Coruña) Teléfono 981-944000 / Fax 981-944028 correo-e alcaldia@ferrol.es

Datos 2019

Alcalde Mato Escalona, Ángel Manuel (PSOE)

2019 Censo: 66799 Superficie (km2) 82.6 Entidades de poboación 59

Galipedia

Web do concello

Edificio do Concello de Ferrol

Rtve

  Concepcion Arenal

 

Concello, Comarca ou Provincia