Capela de Portaxe
Concello, Comarca ou Provincia
27350 Bóveda (Lugo)
Capela do Ecce Homo, do s.XVIII. Trátase dun edificio de planta en T, con muros de cachotería en lousa. A nave, con cuberta a dúas augas en madeira e lousa, comunica coa capela maior, diferenciada desta en planta e alzado e con cuberta a catro augas, por un arco de medio punto.