Ruta

Casa Vázquez: rúa Pardo Baixo 25

Elevación dun segundo e terceiro andar, fachada con novas galerías e reforma dos miradoiros existentes, de estilo modernista, cunha variación total do carácter que tivo o edifi cio. O autor é Rodolfo Ucha Piñeiro e a materialización da obra tivo lugar entre 1913 e 1914.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Casa Bruquetas: rúa Igrexa 4

A intervención consiste na introdución dunha galería no segundo andar e a elevación dun terceiro, tamén con galería de corredor. O deseño modernista en madeira e cristal consegue unha profunda transformación do carácter na construción. Séguense os esquemas habituais de distribución na planta para parcelas de poucos metros. Obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro entre 1912 e 1914.

 

Concello, Comarca ou Provincia