Ruta
Casa Pereira 2: rúa Dolores 64
Sobre unha clásica parcela, a edifi cación aplica unha execución de traballado deseño modernista na súa fachada, acentúase a verticalidade coa articulación de miradoiros e ventás, cada elemento individualizado e particular destilando unha personalidade e trazo propio. Rodolfo Ucha é o arquitecto que proxecta esta edificación de 1912 a 1915.
Rúa Dolores 77
Clásica construción modernista, de dúas alturas, distribución simétrica de espazos e de vans. Gran concentración ornamental na fronte, substitución de galerías por balcóns encalados, a estrutura dos antepeitos da súa varanda é de ferro forxado, revestida en negro contrastando co branco do balcón. Utilización de cores fortes e complementándose na disposición da fachada. Sorprenden os piñóns que acubillan os tres vans da planta superior. A obra foi realizada por Rodolfo Ucha en 1916.
Rúa Dolores 77
Clásica construción modernista, de dúas alturas, distribución simétrica de espazos e de vans. Gran concentración ornamental na fronte, substitución de galerías por balcóns encalados, a estrutura dos antepeitos da súa varanda é de ferro forxado, revestida en negro contrastando co branco do balcón. Utilización de cores fortes e complementándose na disposición da fachada. Sorprenden os piñóns que acubillan os tres vans da planta superior. A obra foi realizada por Rodolfo Ucha en 1916.
Igrexa da Mercé
Construida por iniciativa dos mercedarios no 1926 en estilo ecléctico, modernista e neogótico, por Rodolfo Ucha Piñeiro, o gran arquitecto modernista de Ferrol. Na súa fachada, ademáis da profusa ornamentación, destacan os escudos da Orde da Merced. É a sede da Cofradía da Merced, que xunto coa da Orde Terceira, Dolores, Angustias e Santo Enterro, organizan a emocionante Semana Santa Ferrolá.
2017-08-22DSC_0040.JPGmodernismo en Ferrol
modernismo en Ferrol
modernism in ferrol - Concello de Ferrol
Casa Pereira: rúa María 172
Salienta a liberdade compositiva da fachada que contrasta cos sistemas compositivos habituais e coa rixidez propia dos esquemas tradicionais da distribución en planta. Un estilo traballado modernista nos miradoiros, galerías e varandas, infl uenciado polas obras de Gaudí en Barcelona. Na construción chama poderosamente a atención a articulación dos tres vans da súa fachada tradicional. A obra pertence a Rodolfo Ucha Piñeiro e foi elaborada nos anos 1912 e 1913
Rúa Concepción Arenal 53
Edificación de dúas plantas que aproveita ao máximo o espazo dispoñéndose sobre unha planta cuadrangular. A característica fundamental da fachada é a aparición das galerías e a utilización do ferro forxado para os balcóns da fronte, lucidos cunha capa de pintura negra. Na parte superior da cuberta levántase unha bufarda con tellado a dúas augas. Esta obra foi realizada a comezos de século por Rodolfo Ucha Piñeiro.
Casa Rodríguez Fernández: rúa Rubalcava 55
Unha única vivenda familiar artellada por medio do baixo e o primeiro andar, segundo os esquemas propios da época. A fachada responde a un esquema modernista sinxelo, salienta o decorativo piñón. A obra realizouse en 1912 e o seu autor foi Rodolfo Ucha Piñeiro.
2017-08-21DSC_0925.JPG
2017-08-21DSC_0926.JPG
Casa Rodríguez Fernández (Turismo.gal)
modernismo en Ferrol
modernismo en Ferrol
modernism in ferrol - Concello de Ferrol
Cocina Económica: rúa Rubalcava 29
Construción de planta baixa, con cuberta a dúas augas inspiradas ás mansardas francesas, destacando o colorido cálido dos seus paramentos e a distribución simétrica dos seus vans. Á altura da porta principal, levántase un corpo sobre a cuberta cunha simple función decorativa. A obra executouse durante a primeira década do século, o autor é Rodolfo Ucha
Calle real, 83.85
- Un erro no listado de edificios modernistas en Ferrol. Este edificio non ten nada de Modernista. Segundo Luis Puig a confusión vén dada porque construironun edificio -o actual- substituíndo ao edificio Caballo, obra de Ucha, de estilo Art Deco, que sí se pode dicir modernista.
"Creo que, por aí, pode vir a confusión."
- 2017-08-21DSC_0918.JPG
-
modernismo en Ferrol
modernismo en Ferrol
modernism in ferrol - Concello de Ferrol


