Foz
Xuncos
Sarrido
Ría de Foz-Masma
A ría de Foz, é unha ría galega da provincia de Lugo, en Galicia, España. Pertence ás Rías Altas. Está formada pola desembocadura do río Masma, as súas augas bañan os municipios de Barreiros e Foz. Facendo de límite entre ambos os municipios. A boca do estuario está bastante pechada pola praia de Altar e por instalacións portuarias e de defensa da costa (praia da Rapadoira). En Foz a ría acolle un porto pesqueiro e un porto deportivo.
Foz (Lugo)
Ría de Foz
Ponte do Ferro - Praia Pampillosa
Ponte de Ferro 27780 Foz (Lugo)
A orixe do topónimo de Fazouro, onde se atopa este enclave, procedería de "Foz Ouro", indicando a súa situación na desembocadura do río Ouro, rio documentado na Idade Media como Aurio, cuxo orixe toponímico, estudado por Bascuas e outros autores, sería prerromana e estaría na raíz hidronímica paleoeuropea “ awer- fluír”. Non créndose probable a interpretación doutros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum, "de ouro", "dourado".
A área recreativa A Pampillosa, a carón do río Ouro, ten dúas zonas diferenciadas, unha entre a ponte de ferro (hoxe substituída por unha de aceiro) e a ponte da estrada xeral, con mesas e instalacións para nenos, e a outra na propia desembocadura e que dá acceso á praia da Pampillosa, con amplo aparcamento, e con mesas e instalacións para facer grelladas.
Pico da Lebre
Pico da Lebre (por riba do Bispo Santo) 27780 Foz (Lugo)





.jpg)







































































