Pampillosa
27789 Foz (Lugo)
A Pampillosa, praia duns 275 metros de lonxitude, goza dunha contorna espectacular; atópase xunto á desembocadura do río Ouro e ten dúas zonas de área recreativa con amplo aparcamento, e con mesas e instalacións para facer grelladas. É unha praia pouco concorrida que foi de área branca pero agora nela predominan os cantos rodados. Ideal para a práctica do kitesurf. Ten unha gran riqueza ornitolóxica na que destaca a Píllara das dunas, cuxo período reprodutor abrangue desde o 15 de marzo ao 15 de xullo, período no que se prohibe a práctica do kitesurf.
Eryngium maritimum (cardo bravo)
O cardo de mar ou cardo mariño ( Eryngium maritimum) é unha planta perenne pertencente á familia das apiáceas. É nativa das rexións costeiras de Europa, cultivada frecuentemente en xardinería polas súas flores de cor azul metálico
Crithmum maritimum L. (Pirixel do mar)
O pirixel mariño é unha planta de raíz vivaz, pertencente ás umbelíferas, que medra nas rochas da beiramar galega e florea en xullo e agosto.


























.jpg)




































