Igrexa Parroquial de Santa María de Valdeflores

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Praza do Conde Santo 27760 Lourenzá (Lugo)

O conxunto formado polo Mosteiro, Igrexa e Museo de arte sacro, conta coas declaracións de Monumento Histórico Nacional, Ben de Interese Cultural e Patrimonio Mundial da Humanidade xunto co Camiño Norte de Santiago. 

Iniciouse a construción da igrexa en 1732 por Frei Juan de Samos e rematou  a fachada e a parte alta do interior Fernando de Casas Novoa. A fachada, xoia do barroco galego, exposta a modo de retablo de pedra flanqueado por dúas torres, considérase precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela. Foi realizada con pedra de granito de Burela. 

Retablo neoclásico de Ventura Rodríguez con imaxes de Ferreiro

Capela de Nosa Señora da Valvanera, s. XVII, tallada en madeira.  

Órgano barroco.

Na capela de Nosa Señora de Valdeflores atópase o sarcófago paleocristiano de mármore do s. XV que veu de Oriente e del di a lenda que o mercou o Conde en Terra Santa, que o depositou no mar e chegou á costa galega. Nel repousaron os seus restos ata 1968 e foi obxecto de peregrinación pois o pobo venerouno como santo. 

A obra feita nunha mármore de cor especial, presenta decoración xeométrica sinxela e no centro está labrado un crismón.

Na Sacristía destaca un Relicario barroco do s. XVII. Cada un dos bustos en madeira policromada representa a un santo e contén no seu interior a reliquia correspondente.

Sobre o altar, unha fermosa cúpula.

No mapa

Igrexa Parroquial de Santa María de Valdeflores

Igrexa Parroquial de Santa María de Valdeflores

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía