Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo.
Está dividida en cinco roldas cos seus correspondentes barrios, que se formaron para o aproveitamento comunal e mantemento das terras, muiños, regadíos pastoreo, camiños comunais....etc. O Campo do Cristo é unha desas roldas, e nela está a igrexa e cemiterio de Goiriz.
Igrexa parroquial de Santiago, de factura barroca rural, foi construída no século XVI e reformada no XVIII. Posúe un retablo barroco. Gozaba do dereito de asilo.

Camposanto de Goiriz
No mapa
Igrexa de Santiago de Goiriz
Igrexa de Santiago de Goiriz
Concello, Comarca ou Provincia







