Mapa por concello e tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa de San Tomé de Souto de Torres

Souto de Torres, Castroverde

Na web do Concello

En Souto de Torres, parroquia do concello de Castroverde, pódese visitar a igrexa parroquial dedicada a San Tomé, de orixe neogótico, que contén tallas do século XVII. Diante dela loce un cruceiro de principios do século XX no que está representado tamén un Santiago peregrino, pois atópase na ruta do Camiño Primitivo de Santiago.

Hai algunhas construcións curiosas, como o hórreo de cuberta vexetal que se mostra nunha das imaxes.


 

Concello, Comarca ou Provincia

Capela de San Marcos

Monte do Gozo, 15820 Santiago de Compostela

É unha capela moi pequena con planta rectangular que está situada na entrada de Compostela polo camiño francés, no inicio do Monte do Gozo. Esta capela posúe a particularidade de que a súa porta está orientada ao leste e non cara ao poñente como a maioría dos templos da cristiandade. Esta diferenza ten un motivo que nos explica a lenda. É dicir, créase unha lenda que involucra a San Marcos e explica porque non mira cara ao solpor.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Petrogligos de Pena Ferrada

San Estevo de Vilamor (Toques) /Santiago de Vilouriz (Toques)

Pódense ver dous podomorfos xunto a unha cazoleta na chamada Pena Ferrada, un afloramento de gneis coñecido tamén como ollo de sapo.

Pena Ferrada atópase no paso por Toques do Camiño Primitivo de Santiago, no que se considera un tramo da vía XIX de Antonino.

Asociadas aos petroglifos subsisten na zona varias lendas, desde a que atribúe o nome da Pena ao cabalo branco de Santiago que deixou a súa pegada de ferro impresa na rocha, pasando pola que conta que a as pegadas corresponden ao cabalo dun peregrimo que ía a Santiago, ou mesmo ás pegadas da burra que levaba á Virxe polo camino.

Concello, Comarca ou Provincia

Monumento a Paco Martín

O Monumento a Paco Martín está desleixado, abandoado, e pretende ser unha pedra Rosseta para que no futuro se saiba como era o galego...

Imposible de descifrar. No mapa non saben nin que existe.

Pero sabemos que quere dicir e o dicimos:

"Eiquí, onde é o Lugo noso, onde nacín e onde aínda nazo algo cada día, soubémonos sempre viaxeiros ás portas dun vello camiño fadado, dun vieiro antigo que foi, se cadra demasiadas veces, camiño de ida, camiño de marchar lonxe sen a certeza dun retorno desexado.

Por ese sendeiro andei eu a carretar todos estes anos o espello cativo da miña escrita coa pretensión de volverlles algo do que sempre fora de seu a aqueles que eiquí quixeron concederme o don prodixioso da fala nosa."

                                                                                                   Paco Martín

Grazas, Paco

Concello, Comarca ou Provincia