Ponte de Cruzul: antano (pendiente foto actual)

TEXTO E EDICIÓN: DEIROS/M. ANGEL. Na parroquia de Cruzul, Becerreá (Lugo), sobre o río Narón. Foi construída no século XVIII. Proxectada polo enxeñeiro francés Lemour nos anos 1770, por mandato do rei Carlos III. A ponte foi un símbolo da modernización que o rei ilustrado quixo dar a España, transformando os camiños reais en carreteras nacionais. A N-VI  pasou por esta ponte durante 200 anos; lémbrase especialmente o paso da comitiva da raíña Isabel II no ano 1858, de xeito que na zona coñecese como ponte de Isabel II. O viaducto de cruzul ten noventa e catro metros de lonxitude e case 30 de altura, con tres arcos de medio punto; é de estilo neoclásico e está construído con enormes bloques de caliza da zona.  Anos despois da súa construción, tivo lugar un episodio da Guerra da Independencia e atopáronse nesta ponte máis dun milleiro de fusís. Agora mesmo ten un bo estado de conservación.

cruzul

FOTO: ARQUIVO HISTÓRICO: Esta foto é  moi antiga, pensamos que de finais do século XIX, pero teremos que confirmalo.

 

No mapa

Ponte de Cruzul: antano (pendiente foto actual)

Ponte de Cruzul: antano (pendiente foto actual)

Concello, Comarca ou Provincia