15939 Boiro (A Coruña)
Castro do Achadizo: Habitado entre o s. IV a.C. e I d.C. Trátase dun castro costeiro desfigurado polas casas modernas que invaden gran parte do xacemento. Poden verse restos da muralla pétrea e das vivendas. As primeiras prospeccións foron da man de Vázquez Varela no ano 1984. Nas escavacións realizadas por Concheiro no 1991 saíron á luz cerámicas, restos de animais (ovellas, cabuxos, cans), un cuncheiro (mexilóns, ostras, ameixas) e varios útiles realizados con ósos de animais. Apareceron restos dun gato doméstico que sería o primeiro caso da Península.
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia









