Fundación Camilo José Cela, Marqués de Iria Flavia

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch                                                     

Portugués

Italiano

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela ten a súa sé en Iria Flavia, fronte á colexiata de Santa María de Adina, nas chamadas Casas dos Cóengos por teren sido residencia destes no século XVIII. No ano 1990, o mesmo Camilo Xosé Cela fixo doazón á fundación que leva o seu nome do seu legado literario e artístico coa intención de que se conservase íntegro e tivese a maior difusión.

Santa María, nº 22 15917 Padrón (A Coruña)

Casa Museo Camilo José Cela (Museos de Galicia)

Camilo José Cela (Galipedia)

Sede da Fundación Camilo José Cela, no conxunto denominado Casas dos Cóengos (do século XVIII). Reúne tódalas edicións existentes de La Familia de Pascual Duarte, ou 127 das 202 edicións de La colmena, así como algúns dos seus debuxos, epistolario, condecoracións etc., ou unha colección de 62 ouriñais de porcelana, entre os numerosos obxectos relacionados co escritor.

Camilo José Cela

Cemiterio de Adina

Museo do Ferrocarril "John Trulock" (Iria Flavia, Padrón) Integrado na casa Museo de Camilo José Cela, neto deste John Trulock, quen instalou a primeira liña férrea en Galicia, en 1873, entre Santiago de Compostela e Carril (Vilagarcía de Arousa). Mostra uniformes, obxectos relacionados co ferrocarril e unha fiel reprodución dunha estación da época. Nos xardíns pode verse a locomotora Sarita, a primeira máquina de tren que circulou por Galicia.

No mapa

Fundación Camilo José Cela, Marqués de Iria Flavia

Fundación Camilo José Cela, Marqués de Iria Flavia

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía