15339 Mañón (A Coruña)
Semáforo De Bares:
No alto do monte de Bares había unha garita de pedra que entraba en comunicación con outras dúas en Espasante e no alto do Ortegal, cumprindo unha misión de vixilancia do territorio. A súa orixe estímase no século XVIII.
Na actualidade hai un hotel, Hotel da Natureza.
Espazo protexido: Reserva da Biosfera, ZEPA (Zona Especial Protección Aves) e Rede Natura 2000
https://www.galicia360.com/semaforo-de-bares
O Semáforo de Bares é unha antiga base da mariña española cuxa función principal era o control do tráfico marítimo a través de bandeiras, aínda que tamén era unha base metereológica e de telégrafos.
Actualmente o Semáforo de Bares converteuse nun estupendo hotel rural de dúas estrelas, o Hotel Semáforo de Bares que pode presumir de ser o aloxamento máis ao norte da Península Ibérica e de ser un establecemento que quen o visite gozará das súas vistas e contorna espectacular.





