O Museo Catedralicio de Santiago permite ao visitante afondar no coñecemento da historia e da arte da Catedral, a través dos seus diferentes espazos e as exposicións temporais que organiza.
As diferentes modalidades de visita centralízanse no Centro de Recepción de Visitantes, situado na cripta do Pórtico da Gloria ao que se accede dende a praza do Obradoiro.
Museo Catedralicio de Santiago de Compostela (Museos de Galicia)
Museo da Catedral de Santiago de Compostela (Galipedia)
Conxunto de obras arqueolóxicas e de espazos dentro do edificio da Catedral. No Museo-Claustro destaca o antigo coro pétreo do mestre Mateo, reconstruído recentemente. Na cripta baixo o Pórtico da Gloria móstranse restos e esculturas procedentes de zonas da catedral que foron derrubadas ou modificadas ó longo dos séculos. O Tesouro acolle unha ampla colección de ourivaría desde o século XI ata a actualidade. No Panteón Real están as laudas dos sepulcros en pedra de diferentes Reis e nobres galegos e casteláns. Tamén forma parte deste conxunto o Pazo de Xelmírez.
Praza do Obradoiro, nº s/n 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)











