O Museo das Mariñas, inaugurado no ano 1983, está instalado no edificio do antigo convento de San Domingos (século XVII-XVIII), compartindo sede co arquivo e a biblioteca municipais. O museo está dedicado á ampla comarca das Mariñas, recollendo aspectos tanto históricos como etnográficos da mesma.
Museo das Mariñas (Museos de Galicia)
Museo etnográfico e histórico inaugurado en 1983, ocupando o antigo convento de Santo Domingo. Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversos sartegos e laudas; o cadro Apostolado, da escola de Rubens; a sala destinada ás antigas escolas, en homenaxe ós irmáns García Naveira; e a sección do traxe galego, con máis de 50 traxes tradicionais.
Emilio Romay, nº 1 15300 Betanzos (A Coruña)
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía