Pazo de Orto

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15318 Abegondo (A Coruña)

Pazo de Orto. Este pazo do século XVIII atópase en Orto de Arriba, Orto, á beira do encoro de Cecebre. Conserva unha torre cun tellado de catro augas, de forma cúbica e xunguida ao alongado pazo con tellado de dúas augas. Na súa parte traseira conta con escaleiras de balaústre de madeira. O portón de entrada está rematado co escudo dos Andrade. Conserva un coidado xardín centenario na súa parte traseira; con magnolios, tileiros ou cedros. Un dos seus donos foi Xoaquín Freire de Andrade e Saavedra, que actuou en Londres como representante da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Guerra da Independencia cos franceses.[9]

No mapa

Pazo de Orto

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía