Lugar Barranca, 5, 27793, Lugo
Parroquia de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros.
A ermida de San Esteban de Pagá é o resultado da reconstrución doutra anterior, que xa está xa testemuñada no século XI, no documento número 53 do Tombo de Lorenzana, de data 3 de marzo do ano 1078. Un documento polo que Mejitu Eriz e a súa esposa Geloira Alfonsiz doan ao abade de Lourenzá, don Gutierre, e ao seu mosteiro certos bens: «… et sic nobis dedit in Sancto Stephano de Pacati VIª parte integra intus et foris cum quantum prestitum hominis est…». A data deste texto fai supoñer unha anterior existencia que pode ser fixada como pouco no século X, igual que a súa veciña e homónima de Santo Estevo de Augas Santas ou do Ermo, como popularmente se coñece, coa que comparte semellantes vicisitudes.