Capela da Nosa Señora do Rial
15237 Outes (A Coruña)
Capela da Nosa Señora do Rial (Patrimonio)
15237 Outes (A Coruña)
Capela da Nosa Señora do Rial (Patrimonio)
15119 Cabana de Bergantiños (A Coruña)
A área recreativados Basquiños, s/n 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Capela da Nosa Señora da Pastoriza (Patrimonio)
Peto de ánimas da capela da Nosa Señora da Pastoriza (Patrimonio)
15970 Porto do Son (A Coruña)
Capela Nosa Señora de Loreto (Patrimonio)
A capela da Nosa Señora de Loreto data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectangular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantería, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.
O exterior carece de ornamentación e a fachada principal componse dunha porta rectangular cunha pequena fiestra por riba. A fachada está enmarcada por dúas molduras laterais a modo de pilastras que rematan en senllos pináculos. Conta cunha cornixa a dúas augas, interrompida no cumio pola plataforma da espadana, con dúas arcadas de medio punto rematadas en pináculos.
Diante da ermida hai un cruceiro de capeliña. A imaxe da Virxe do Loreto, dentro desa capeliña, dá nome a este tipo de cruceiros (cruceiros de loreto). (Galipedia)
15685 Mesía (A Coruña)
O 13 de febreiro de 1809, durante a guerra da Independencia Española, as tropas francesas arrasaron e queimaron a capela de Arxán, amais de fusilar trece veciños, que foron soterrados nunha foxa dentro da igrexa.