Igrexa

Igrexa de Becerreá: hoxe antano

EDICIÓN E TEXTO: JOHANA RODRÍGUEZ SANTÍN, LAURA GONZÁLEZ DEIROS, SAMARA RODRÍGUEZ POY

Despois de algunhas averiguacións modificamos este post porque descubrimos que o a foto antiga se corresponde co actual Bar Correos.  A curva estaba sen edificar e a montaña do Toro vese ó fondo, deforestada. A foto antiga foi tomada o 9 de xuño durante a procesión de Corpus, en que sacaron á rúa todos os Santos e estandartes. O Bar Correos funcionou como templo ata o ano 1927 en que a igrexa actual neogótica foi inaugurada, pero non se sabe duranto canto tempo, aínda que hai referencias de que durante os anos da gripe española (1918-1919) os cadáveres levábanse alí.

 

 

BAR CORREOS

FOTO:  Aínda que con mocificacións nas portas, o edificio parece incluso o mesmo. As casas da dereita ocultan a paisaxe.IGREXA

FOTO: RUTH MATILDA ANDERSON 1925 durante unha procesión de Corpus Cristi coa montaña do Toro ao fondo.gfotos superpostas

FOTO: Superpoñemos o perfil das montañas antes (cultivos) e hoxe (forestadas). Foto actual dende o edificio que tapa a vista.

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa do Santo: hoxe/antano

TEXTO: ELISA PARDO MERLÁN. Igrexa romànica do século XII, situada no pobo de Saa, na parroquia de Cadoalla. A principal diferencia entre as dúas fotos é o corredor que na actualidade non está pola decisión dun antigo cura de vendelo xunto coas valiosas tallas dos santos; grazas á solidaridade dos veciños, que fixeron unha colecta, foi posible repoñer as tallas. Ademais como se ve na foto, aumentou a vexetación, botouse grava e reformouse o chan con pedra.

Igrexa nova

FOTO: ELISA PARDO MERLÁN. A igrexa de Cadoalla é a favorita dos becerrenses.

Igrexa antes

FOTO: CEDIDA. A igrexa tiña un característico corredor

Concello, Comarca ou Provincia