Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Fontecuberta
27206 Palas de Rei (Lugo)
27206 Palas de Rei (Lugo)
Plaza del mercado, s/n 27500 Chantada (Lugo)
27332 A Pobra do Brollón (Lugo)
36558 Forcarei (Pontevedra)
27163 O Corgo (Lugo)
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Cabreiros é a máis antiga do concello, pénsase que foi xa edificada cos visigodos. É monumento protexido.
15806 Toques (A Coruña)
27577 Antas de Ulla (Lugo)
Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla
A igrexa de orixe románica, data do século XII, e está asentada sobre o centro dun primitivo castro. O conxunto complétase cun cruceiro e un Vía Crucis, composto por 14 cruceiros, que se distribúen sobre unha das murallas do castro. No século XVI engadiuse a carón do presbiterio a capela-mausoleo dos condes de Torre Penela, cuxos brasóns figuran na fachada de acceso exterior á mesma.
O arco triunfal con dobre arquivolta de medio punto descansa sobre capiteis da construción orixinal que teñen unha esmerada decoración. Atribúese a obra ao Mestre Esteban, autor da fachada de Platerías da catedral de Santiago de Compostela. Nun dos capiteis destaca a figura dun músico ao que semellan estar escoitando as outras figuras e cabezas esculpidas nese e no outro capitel.
Desde o exterior, pero tamén desde o baptisterio, accédese á Capela-mausoleo dos condes. Posúe 3 arcosolios, en dous deles figuran as estatuas oferentes de Inés de Lemos Rivadeneira e Juan Vázquez Taboada, cos seus respectivos escudos, o dos Lemos cos 13 roeis e o dos Taboada coas táboas e os caldeiros. O terceiro arcosolio destinouse aos sucesivos propietarios do pazo.
O interior xeral da igrexa
15685 Mesía (A Coruña)