Igrexa
Igrexa Parroquial de San Miguel de Cervela
Igrexa Parroquial de San Miguel de Canedo
27335 A Pobra do Brollón (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Miguel de Buciños
Igrexa Parroquial de San Miguel de Boimil
Igrexa Parroquial de San Miguel de Bidueira
Igrexa Parroquial de San Miguel de Berbetouros
27206 Palas de Rei (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín
27232 Lugo (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín
https://www.connexio.es/espazos/san-miguel-de-bacurin/
Esta igrexa, dedicada a San Miguel Arcanxo, é un fermoso exemplo da arte rural galega. Está construída de sillería granítica (en fiadas a soga e tizón).
Conserva algúns interesantes elementos da súa fábrica orixinal (s. XII): a ábsida, a planta rectangular da súa nave, e as súas dúas portadas, unha situada no lado Sur e a outra orientada cara ao Poñente. A Ábsida abovedada ten dous tramos (recto e semicircular) cunha pequena xanela con dúas semicolumnas con capiteis historiados e numerosos canzorros esculpidos na cornixa.
A Sancristía do lateral e a espadana do campanario foron construídas xa no século XVII.
A fachada conserva a porta románica abucinada, con tres arquivoltas e decoración axadrezada no exterior. Ten tres columnas pegadas a cada lado con base xeométrica, fuste liso e capiteis de inspiración vexetal; completan o conxunto un tímpano liso e xambas tamén lisas
A Portada Sur é de dobre arquivolta, con tímpano bilobulado e unha columna a cada banda, cinceladas con raias (rectas verticais no fuste dereito e en diagonal ou helicoidal no esquerdo). Ten o arco exterior percorrido por un xadrezado
No interior ten un retablo barroco dos séculos XVII- XVIII, cunha imaxe de San Miguel Arcanxo.
Igrexa Parroquial de San Miguel da Costa
15911 Rois (A Coruña)
Igrexa Parroquial de San Miguel da Braña
27277 Baleira (Lugo)











.jpg)















































