Boqueixón
Concello Boqueixón
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.
Casa do Concello
Fortes, s/n. 15881 Boqueixón (A Coruña) Teléfono 981-513061 / Fax 981-513000 correo-e alcaldia@boqueixon.dicoruna.es
Datos 2019
Alcalde Fernández Munín, Manuel (PP)
2019 Censo: 4215 Superficie (km2) 73.2 Entidades de poboación 105
Galipedia
Web do concello
Oficina Municipal de Turismo de Boqueixón
Oficina Municipal de Turismo de Boqueixón
Forte, s/n
correo-e turismoboqueixon@gmail.com
Boqueixón
15881 ( A Coruña)

Pico Sacro
O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.
15881 Boqueixón (A Coruña)
Vista aérea do Pico Sacro
O pico está nas coordenadas 42.8071, -8.44686. As que poñemos aquí son as do avión. En: http://www.waymarking.com/waymarks/WM1BCR_O_Pico_Sacro_Boqueixn_A_Corua
O Pico Sacro é un monte puntiagudo, coa cima de cuarzo, unha sima, unha falla apreciable, cargado de lendas e desde o que se domina o val do Ulla. Cunha elevación de 533 m sobre o nivel do mar, presenta unha forma cónica e aguda que remata nun cume de cuarzo. Próxima á cima atópase a Capela de San Sebastián. Onde se atopa o vértice estivo a Fortaleza de Montesagro. O Pico Sacro é rico en lendas e sonlle atribuídas certas virtudes curativas relacionadas coas enfermidades óseas. Tivo un protagonismo especial na tradición xacobea, en relación ao traslado do cadáver do Apóstolo Santiago a terras de Compostela. Na cima ten un corte vertical de 2 m de ancho e 6 m de altura (rúa da Raíña Lupa) que permite pasar da vertente sur á norte sen necesidade de subir ao cume. A lenda popular di que este corte na roca de cuarzo foi feito pola espada dun titán, que estaría a pelexar con outro xigante nas proximidades da cidade da Coruña. Tamén ten unha pequena sima, O Burato dos Mouros, con dúas entradas comunicadas nas que non é aconsellable penetrar xa que hai un gran desnivel e é moi perigoso.
Santuario da Nosa Señora de Lourdes
Ponte Ledesma
15882 Boqueixón (A Coruña)
- Ponte Ledesma, en Vila de Cruces. Ponte construída en 1574 que atravesa o río Ulla, na parroquia de Gres. Ten nove arcos de perpiaño granítico, con doelas regulares ao igual que os tímpanos, aínda que carecen de imposta na transición co peitoril, por desaparecer posiblemente durante unha reconstrución posterior. As bóvedas ápoianse sobre piares tamén de cadeirado, con tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo, coroados por pináculos piramidais. Reformada no século XIX.























































