Cedeira

Castelo da Concepción

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15350 Cedeira (A Coruña)

Na zona final do porto, sobre un cantil, atópase o castelo da Concepción, construído no século XVIII para protexer a costa de incursións marítimas, que destruíran as antigas fortificacións de defensa. Con axuda da poboación, construíuse o actual, que chegou a ter trinta homes ao coidado doutros tantos canóns. O edificio é de planta hexagonal, cunha gran vista panorámica da entrada da ría de Cedeira e das praias da Magdalena e de Pantín, xa no veciño concello de Valdoviño. No edificio pódense visitar as antigas dependencias e almacéns para a vida dos soldados.

Castelo da Concepción

Concello, Comarca ou Provincia