Ortigueira
O Coitelo
O Carro
Museo Ortegalia
Avda. Francisco Santiago, nº 6 e 9 15330 Ortigueira (A Coruña)
Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira (Ortigueira), tamén chamado Museo Ortegalia, busca divulga-lo patrimonio de Ortegal, mediante un percorrido pola súa historia, desde os primeiros achados arqueolóxicos ata a actualidade. Mostra os restos atopados nas escavacións realizadas na zona e maquetas e reconstrucións virtuais dos sitios arqueolóxicos. Entre tódolos restos destaca un túmulo datado no 4.400 adC.
Museo Etnográfico de Meixido
15332 Ortigueira (A Coruña)
Colección privada de máis de 3.000 útiles e ferramentas de diferentes oficios: carpinteiros, zoqueiros, tecelás, barbeiros, ferreiros, panadeiros,etc. Mostra tamén unha cociña tradicional completa con toda a súa menaxe, unha escola de aldea e unha botica do século XIX
Muíño do Campo da Torre e Castro
Mourón
Morouzos
Muíño de Marea de Pol
15338 Ortigueira (A Coruña)
O muíño do Mar
Localización, propiedade e antigüidade
O muíño do Mar está situado na Ría de Ortigueira. Esta ría está delimitada pola Punta de Estaca de Bares e polo Cabo Ortegal ao oeste.
No seu tramo exterior é aberta ao mar mentres que na súa cara interior introdúcense unha serie de lóbulos. E, neste sector, onde se forman, zonas lamacentas de moi pouca profundidade ás que chegan as mareas e, que, frecuentemente, están colonizados por vexetación.
Foi construído arredor de 1905-1910 polo señor Linos que, ao volver de Cuba, onde residía, ergue o muíño.
A obra realizouse por canteiros da Pontevedra. A pedra foi traída dende un lugar próximo á Serra da Capelada, chamado A Pedra e transportada por mar.
Os elementos mecánicos montounos un carpinteiro de Valdoviño, que recibía o nome de Grandal. A propiedade sempre correspondeu á familia Linos.
Segundo informantes foi deixando de traballar paulatinamente desde os anos 40, ao ser construída a vía de ferrocarril e dificultar a entrada e saída da auga traendo como consecuencia a produción de moita lama, feito que dificultaba o traballo do muíño.
Así pois, pouco a pouco, foi deixando de traballar, ata que, aproximadamente nos anos 70, deixou de moer definitivamente.
(texto anónimo)




















.jpg)




























