Allariz
Parque Etnográfico do Río Arnoia
32660 Allariz (Ourense)
Museo do Coiro (Allariz)
Vella fábrica de curtidos ó pé do río Arnoia, levantada no XVIII e reconstruída agora para mostra-los seus elementos e todo o proceso de curtido de peles (pilos para o lavado e encascado, coitelos e outras ferramentas para face-lo coiro). Nun obradoiro anexo hai un taller artesanal onde se traballa o coiro. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
Museo do Tecido "O Fiadeiro" (Allariz)
Reproduce todo o ciclo do cultivo e recolección do liño e mailos aparellos utilizados no seu procesamento para a obtención do fío (ripo, espadeleiro, restrelo, fusos, rocas etc.), continuando co tear tradicional, aínda en uso. Mostra tamén pezas elaboradas á man, como sabas, colchas ou roupa interior. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
Muíño do Burato (Allariz)
Muíño hidráulico (de turbina, en lugar do rodicio tradicional) situado ó pé do Arnoia, restaurado e con tódalas pezas e ferramentas que se utilizan no proceso da moenda do millo, trigo e centeo. É posible ver funciona-lo muíño. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
Parque Etnográfico do Río Arnoia (Allariz)
Conxunto etnográfico relacionado coas industrias ligadas ó río Arnoia, recuperadas na década dos 90. Está formado polo Museo do Coiro "Familia Nogueiras" (nunha antiga fábrica de curtidos, cos seus pilos e os útiles necesarios), o Museo do Tecido "O Fiadeiro" (que revive o cultivo do liño e as ferramentas para fialo e tecelo) e o Muíño do Burato (muíño reconstruído e aínda en uso, con tódalas súas pezas).
Museo Galego do Xoguete (Allariz)
Colección de xoguetes desde principios do século XX ata a década dos setenta: coches, trens, arcos, pistolas, bonecas e casas de bonecas, cadeiras (miniaturas), xogos de mesa etc.
Museo Iconográfico "Fundación Aser Seara"
Rúa Castelao, nº 10 32660 Allariz (Ourense)
Museo Aser Seara
Colección de arte relixiosa, doada polo doutor Aser Seara Vázquez, con predominio de temas marianos (Virxes, Inmaculadas, Dolorosas) ou relacionados coa paixón de Cristo. Os fondos expostos abarcan desde finais do XIII ata finais do XIX, e entre eles destacan as esculturas en madeira e marfil e os relicarios.
Museo Galego do Xoguete
Muralla de Allariz
Muíño do Burato
Rúa de O Matadoiro, s/n 32660 Allariz (Ourense)
Muíño do Briñal
Estrada de Celanova, s/n 32660 Allariz (Ourense)
Igrexa de Santo Estevo
Igrexa de Santiago de Allariz
32660 Allariz (Ourense)
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas
32660 Allariz (Ourense)
No centro da aldea de Santa Mariña de Augas Santas, catalogada Conxunto Histórico na década dos 60, está situada a monumental igrexa románica (s. XII-XIII), declarada Monumento Nacional en 1931. No seu interior atópase o mausoleo onde a tradición popular conta que descansa o corpo da mártir. Á súa beira a Fonte da Santa, a reitoral, a capela de San Tomé e o seu pozo ( no cal supostamente foi decapitada Mariña) A igrexa consta de tres naves e un falso triforio. Estas naves sepáranse por medio de piares con columnas encostadas. O arco triunfal é apuntado destacando na parte superior os rosetóns . As torres das rúas laterais e torreón do reloxo e campanario son barrocas do século XVIII. O teito tamén é espectacular, sorprenden tanto os arcos que sosteñen a cuberta como as vigas que aínda conservan policromías.





.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)








