Vigo

Museo Villa Romana de Toralla

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Canido, Illa de Toralla PO-324 36208 Vigo (Pontevedra)

Vila romana de Toralla

Patrimonio galego

Do séc III ao VI. Xunto a praia do Vao, na Finca Mirabell, en Canido. Preto está o Centro de interprretación do Mundo Romano. A única villa romana excavada en Galicia, Cunha zona residencial, unha área termal pavimentada con mosaico e zona de producción con almacéns e zona de salinas.

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Francisco Fernández do Riego

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Praza da Princesa, nº 2 36202 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986 226 459
Fax: 986 229 081
e-mail: casagalegadacultura@vigo.org
 

Horario xeral SEN exposicións na planta baixa.:

  • Luns a Venres (laborables): de 18 a 20:00 horas. 
  • Do 15 de xuño ao 15 de setembro de 11:00 a 14:00 horas. Laborables só de mañá.
Horario xeral CON exposicións na planta baixa.:
  • De luns a venres.- De 18,00 a 21,00 h.
  • Sábados.- De 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h.
  • Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h

 Servizos:Acceso a minusválidos.

En 1995 Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913) fai doazón dos seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos á cidade de Vigo, cidade na que viviu e traballou durante moitos anos e á que dedicou boa parte dos seus esforzos.

A colección está integrada por máis de vinte mil títulos, aos que hai que engadir a correspondencia persoal que Fernández del Riego mantivo, ao longo de décadas, coas máis destacadas figuras do galeguismo e a intelectualidade no período de entre guerras.

A colección artística, eixo do museo e altamente representativa da arte galega desde finais do século XIX, está composta por 254 pezas das que 79 son obras pictóricas de artistas como Maside, Castelao, Minguillón, Díaz Pardo, Torres, Colmeiro, Ruibal ou Granell.

Neste eido artístico tamén se poden atopar obras dos escultores Failde Gago e Elena Colmeiro, así como fotografías e obxectos persoais que testemuñan a condición de erudito de Francisco Fernández del Riego e que constatan, en definitiva, o significado intelectual, galeguista e amigo das artes que Fernández del Riego tivo nos círculos artísticos.

Desde o punto de vista cronolóxico, a primeira colección é de autoría de Ovidio Murguía, fillo de Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Entre as coleccións máis recentes, hai obras de artistas da última década do século XX como Din Matamoro.

Concello, Comarca ou Provincia

Miradoiro do Paseo de Alfonso XII

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Paseo de Alfonso XII Vigo (Pontevedra)

Miradoiro do Paseo de Alfonso XII

A vella oliveira no Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade, e o escudo de Vigo. Oliveira de Vigo na Galipedia O monumento de Quesada, similar ao de Ourense

Miradoiro do Paseo de Alfonso XII


 

Grupo escultórico de Xaime Quesada Porto, inaugurado o 31 de marzo de 2006, en honor aos poetas que escribiron en galego. O monumento, realizado en bronce de cor pompeia, representa unha ninfa sentada sobre un dragón. A figura alada aséntase sobre unha columna de granito pulido, de 4 metros de alto e 80 centímetros de ancho.

Concello, Comarca ou Provincia