Museo Anfaco

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O museo xorde pola iniciativa da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco) que decide, co gallo da celebración do centenario da asociación no ano 2004 e co obxectivo de impulsar a promoción e divulgación do sector transformador dos produtos do mar, crear este centro museístico para amosar os principais fitos históricos que caracterizaron o nacemento do sector empresarial conserveiro. 

Museo Anfaco da Industria Conserveira (Museos de Galicia)

Web do museo

Ctra. Colexio Universitario, nº 16 36310 Vigo (Pontevedra)

Télefono:986 469 301
Páxina web: http://www.anfaco.es/webs/museo/modulo_pres.htm
Email: museo@anfaco.es

A conmemoración do centenario da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), foi unha ocasión idónea para deixar testemuño público da vitalidade do sector conserveiro, pero tamén para converter o relato da súa historia en memoria viva da súa intensa traxectoria, en anticipo dun desenvolvemento e unha expansión que seguirán constituíndo os seus sinais de identidade no futuro.

No Museo Anfaco da industria conserveira, disponse de material museístico de gran valor histórico, a través de cuxa contemplación pode realizar un interesante percorrido pola historia da industria conserveira desde as súas orixes, así como pola historia e evolución da asociación empresarial creada por pioneiros conserveiros para defender uns intereses comúns que hoxe en día se manteñen vixentes, conservando así o espírito en base ao cal xestouse a creación da orixinaria Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo.

No mapa

Museo Anfaco

Concello, Comarca ou Provincia