Pena Abaladoira (O Cadramón)

Alfoz

Concello de Foz

A Mariña Lucense

Desde Ferreira do Valadouro pola estrada LU-P-0101, ao pé da subida ao Cadramón, atópase o indicador que sinala a ruta que leva á Pena Abaladoira. Tamén se pode acceder desde Castrodouro (Alfoz).

A pena abaladoira é un gran bolo granítico de 4 m x4 m x5 m cun peso aproximado de 20 toneladas.  Posúe coviñas e posibles restos de ter esculpida unha “bicha”, serpe xigante con cabeza humana.

Na antigüidade foi lugar de culto e rituais, e atribúense distintos poderes sanatorios e máxicos segundo varias lendas, que van desde cura de verrugas co sangue dos animais que sobre ela se sacrificaban, rituais de fertilidade e mesmo, dependendo de si se movía ou non, determinaba a inocencia ou culpabilidade dos reos, práctica presente ata o século XIII.

 

No mapa

Pena Abaladoira (O Cadramón)

Pena Abaladoira (O Cadramón)

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía